Seguimos descubrindo que todo ao noso redor é xeometría. Hoxe Alba tróuxonos unha actividade sobre ángulos e o reloxo; todos os posibles ángulos están nas agullas do reloxo!
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas b>. Amosar todas as publicacións
martes, 26 de abril de 2022
sábado, 12 de febreiro de 2022
Comparando superficie
Seguimos traballando con lonxitude e superficie. Este venres Alba propúxonos que calculáramos e comparáramos a superficie de figuras con diferentes formas, feitas con cadrados de cartolina. Canto máis claro é todo o que podemos manipular!
sábado, 5 de febreiro de 2022
Medindo superficie
Esta semana comezamos a traballar coa medición de superficie e, aproveitando estes días de sol, fixémolo no patio: campo de fútbol, arreiro, campo de brilé, cuberto da entrada... Custou un pouquiño organizarnos e comezar, pero ao final, medimos todo o que se nos puñe diante!😉
venres, 14 de xaneiro de 2022
Tomando medidas
Comezamos a traballar coa lonxitude e andamos a medir todo o que se nos poña diante, empezando por nós.😉
mércores, 24 de novembro de 2021
Traballando con Edixgal
Así son as nosas clases con Edixgal: cadernos, lapis, bolis, gomas, ceras...e ordenadores. E conviven perfectamente 😉
luns, 18 de outubro de 2021
Regletas dixitais
A semana pasada descubrimos un novo recurso Edixgal para a área de Matemáticas, as regletas dixitais. Seguro que nos van dar moito xogo, xa no primeiro día resolvemos retos propostos e sorprendémonos con creacións propias. Mirade...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


