Amosando publicacións coa etiqueta refuxiados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta refuxiados. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de maio de 2022

Basket Beats Borders

Esta semana volveu ao cole Adrián Dios, xa tiñamos ganas de volvelo a ver! 😀Desta vez veu presentarnos un proxecto impresionante no que está implicado: Basket Beats Borders O baloncesto derruba fronteiras. Adrián acaba de chegar de Beirut, onde estivo coñecendo e adestrando ao Palestine Youth Basket Team, un equipo de baloncesto feminino formado por refuxidas do campo de Shatila. Falounos de como é Shatila, de cando e porque se creou e ensinounos fotos e vídeos para axudarnos a entender as condicións de vida das máis de 44.000 persoas que viven nun campo orixinariamente pensado para 3.000 persoas. Pero sobre todo deixounos abraiados/as cando nos falou de Majdi Majzoub, creador do proxecto, e das rapazas que atoparon no baloncesto un espazo de encontro, de liberdade e de superación das barreiras que lles son impostas pola situación na que viven. Fermosísimo proxecto que pon luz a unha realidade terrible, a dos refuxiados e refuxiadas, sobre a que levamos traballando e falando todo o curso, que é moi difícil de entender, pero que non queremos deixar de lado.

Adrián tamén nos falou dos encontros do equipo das adultas con equipos femininos europeos, para adestrar e xogar con outras rapazas e para saír da situación na que viven, por un tempo. En xuño estarán en Madrid e está funcionando unha campaña de recollida de cartos para facer posible a viaxe e a estancia.

Grazas, Adrián, por descubrirnos Basket Beat Borders e demostrarnos que hai persoas empeñadas en cambiar o mundo, que se organizan e loitan para facer realidade os soños, pouco a pouco... 

Tomamos boa nota, nós tamén queremos implicarnos e colaborar co proxecto; iremos buscando xeitos de facelo.

Para saber máis: 

Reportaxe sobre BBB, contado por Adrián en Nós Diario 

BBB no xornal El salto diario

Para  colaborar na campaña de finanzamento da viaxe a Madrid no mes de xuño: Basket Beats Borders. Encontro Madrid Shatila.

martes, 22 de febreiro de 2022

Refuxiados e refuxiadas

Hoxe rematamos o mural sobre refuxiados e refuxiadas que o grupo de Valores Sociais e Cívicos estivo elaborando nas últimas semanas. Foi un bo traballo de busca e recollida de información, creación dos contidos e deseño do mural. Ben, feito, rapaces e rapazas!

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Para o Bubisher: "niños de luz de plata"

Estes son os debuxos e mensaxes que elaboramos tras a lectura do libro escrito no Taller de lectura de Farsía en Smara, coordinados por Gonzalo Moure: El niño de luz de plata,

Que é un refuxiado?

 

Aquí o temos! O noso 1º conto en Kamishibai! 

Parabéns, Quinto! Fermoso traballo colectivo, sodes uns artistazos e artistazas!