venres, 3 de febreiro de 2023
Luz
mércores, 12 de outubro de 2022
Ourizo de mar
Noa tróuxonos o caparazón dun ourizo que atopou este verán e que lle lembrou ao traballo sobre iequinodermos que fixeron ela e Héctor en 5º. Aproveitamos para visitar os traballos de invertebrados que aínda están expostos nas escaleiras. Que bos traballos fixerades!
Grazas, Noa!
luns, 26 de setembro de 2022
Experimentando coa materia
Empezamos de novo cos experimentos en Naturais. Estamos a ver os cambios na materia, de momento con tres experimentos:
1. Limpar moedas vellas en sal e vinagre.
2. Ver o efecto do limón na oxidación dunha mazá.
3. Efectos do sol sobre o papel do xornal.
sábado, 10 de setembro de 2022
Autoxiros
Héctor recomendáranos o curso pasado varias actividades dun libro que collera na biblio, pero non tiveramos tempo a facelas xuntos. Decidimos comezar o curso con bo pé, poñéndonos ao día do que tiñamos pendente. Aquí tedes os nosos "autoxiros" en acción!!
Grazas, Héctor, moi boa recomendación!




















































