venres, 24 de febreiro de 2023

Digicraft: camiño ao tesouro

Hoxe tivemos outra sesión de traballo con Digicraft. Desta vez había que superar tres retos para chegar ao planeta no que se agochaba un cofre cun tesouro. Os retos só podían resolverse seguindo as pistas de 3 diagramas de fluxo, que reproducen o sistema empregado na programación das intelixencias artificiais. Unha vez collido o truco aos diagramas de fluxo... imparables! Todas as parellas chegaron ao tesouro. 




E o tesouro era... unha partida en grupo ao Gartic Phone: debuxar, interpretar, escribir, volver debuxar e ver os resultados. Foron risas! E dúas partidas, claro!








xoves, 23 de febreiro de 2023

As nosas medallistas

Parabéns!

Carla e Irene recibiron hoxe as súas medallas despois de quedar terceiras no campionato de bádminton.
Moi merecidas esas medallas!  Parabéns! 


venres, 17 de febreiro de 2023

Todo listo!

 


Ao completo!


Con todos os mandatos do Toribio: algo na cabeza, pixama, cara pintada e zapatos diferentes! Viva o Entroido!!

Sintaxe: creando exercicios

Esta semana estivo no Brea o equipo de Sintaxe, para traernos novidades e ver como vai o noso traballo, Onte Emilio e David ensináronnos a crear exercicios ma páxina de Sintaxe sobre que levamos aprendido das clases gramaticais. Prestounos moito! Canto nos queda por fedellar e aprender con Sintaxe! 😍










martes, 14 de febreiro de 2023

Sintaxe: a páxina web

Agora que xa traballamos sobre varias clases gramaticais, podemos sacarlle máis partido á páxina de Sintaxe e aínda non o vimos todo! Está moi ben 😍






Entroido!!!

Con algo na cabeza!

 E tempo de Entroido, de festa de disfraces, de filloas, de orellas, do Toribio... É tempo de pasalo ben!

Comezamos a semana cos mandados do Toribio, como non! E na clase estamos a tope prepararando os nosos disfraces para o venres de Entroido.


Non podemos dar máis pistas! 

domingo, 12 de febreiro de 2023

Sintaxe: obradoiros

 Seguimos avanzando no método Sintaxe. Desta vez comprobamos o que levamos aprendido por medio de diferentes xogos e obradoiros polos que fomos rotando. Foi moi divertido!












venres, 3 de febreiro de 2023

Luz

Levamos semanas traballando e experimentando sobre a luz. Entre outras cousas construímos os nosos Kaleidoscopios, para experimentar coa reflexión da luz e cos obxectos opacos, translúcidos e transparentes. Tamén usamos as lupas para intentar queimar papel, de momento sen éxito, e comprobamos a refracción da luz ao pasar do aire ao auga. Moi interesante!