Era unha dos momentos máis agardados do día: subir ás cubertas da catedral. Non as tiñamos todas con nós, pero Luz asegurounos que iamos subir. E subimos... Nese momento chovía e ventaba coma nunca, así que a visita foi visto e non visto, pero alí estivemos. Marchamos antes de saír voando, pero comprobamos que a catedral non está cuberta de tellas 😅 e que a visita nun día con bo tempo ten que ser impresionante. Repetiremos!
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 25 de marzo de 2023
Saída a Santiago: catedral
![]() |
| Se chove, deixa chover! |

Pois si, ao saír dos museos seguía chovendo e ventando, o día non nos deu tregua. Imprescindible protexerse da chuvia e comer a cuberto, en Área Central. Aínda así botamos unhas risas, xogamos...
E xa pola tarde... Visitamos o Pazo de Xelmirez, o Museo da Catedral e a catedral. Acompañounos Luz, que nos foi explicando a historia, a arte, os ritos e tradicións das marabillas que tiñamos ante nós.
![]() |
| Na tribuna |
![]() |
Na Porta Santa![]() |
![]() |
| No Pazo de Xelmirez |
Saída a Santiago: Museo do Pobo Galego
No Museo do Pobo Galego houbo que buscar información nas diferentes salas para completar un cuestionario sobre os fondos expostos. Desta vez non tivemos guía, fomos nós os que descubrimos o museo. Canto por descubrir no Museo do Pobo Galego!!
![]() |
| Anda! Mira o que atopei! |
![]() |
Como nos gustou a escaleira helicoidal de Domingo de Andrade (1639 – 1712)! |
![]() |
| Proba superada! Superamos o Museo en test e a subida pola escaleira de Bonaval. |
xoves, 2 de xuño de 2022
xoves, 17 de febreiro de 2022
O Xenerais da Ulla
Seguimos a nosa viaxe polo Entroido en Galicia. De Ourense pasamos á Ulla, para descubrir outro dos entroidos máis antigos e máis tradicionais de Galicia: os Xenerais da Ulla.
Temos a enorme sorte de que Alba, a profe que está con nós estes meses, é de Boqueixón e pode contarnos de primeira man como se vive o Entroido nas terras da Ulla. E non só contarnos, hoxe trouxo unha chaqueta dun xeneral, para que puideramos coñecer como son os traxes que levan, unha chulada!
Grazas, Alba!😍 |
martes, 15 de febreiro de 2022
sábado, 12 de febreiro de 2022
Traballando coa AEMET
Esta semana descubrimos a páxina da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e estivemos comparando datos de estado do ceo, precipitacións, temperaturas, humidade relativa...
Ata tivemos a predición do tempo do tempo para a fin de semana en Rianxo! Tede a man chuvasqueiros e paraugas 🌂💧
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































