Amosando publicacións coa etiqueta viaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viaxes. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de decembro de 2022

Obradoiro de títeres

Esta semana estamos a participar nun obradoiro de títeres impartido por Electra Menéndez, da asociación Morreu o demo. Comezamos elaborando guións para as nosas obras de títeres, que van ser tres diferentes, coa temática das viaxes. Guións listos! Mañá comezamos coas personaxes, decorados e attrezo e remataremos representando as nosas obras. Que ganas!







martes, 15 de novembro de 2022

Viaxando por Europa V

Rematamos coas presentacións sobre os nosos lugares favoritos de Europa. Moi bo traballo, rapaces e rapazas! Boas presentacións, boas animacións e boas exposicións. Bravo! 👏👏

xoves, 10 de novembro de 2022

Viaxando por Europa IV

Novas presentacións, novos destinos apetecibles no continente europeo e novos xeitos de animar e presentar a información. Continuamos vendo moi bos traballos.

Viaxando por Europa III

Novas presentacións sobre os nosos lugares favoritos de Europa. Seguides demostrando que as presentacións dinámicas non teñen segredos para vós.

martes, 8 de novembro de 2022

Viaxando por Europa II

Seguimos compartindo presentacións de países de Europa que vos gustaría visitar. Seguimos comprobando que estades feitas unhas cracks nisto das presentacións e das animacións de textos e imaxes. Moi bo traballo!

Viaxando por Europa

Despois dunhas semanas traballando sobre Europa e aprendendo a facer presentacións animando  imaxes e textos, comezamos a expoñer os traballos. Están moi ben! Cada quen escolleu que lugares visitaría en Europa e preparou unha pequena ficha sobre o país. Compartimos as presentacións en PDF, así que perdemos as animacións, pero o certo é que temos expertos/as na clase en presentacións dinámicas. Bravo!


xoves, 13 de outubro de 2022

A miña grande viaxe

 Despois de escoitar o conto co que a BBS abriu o curso este ano A grande viaxe de Anna Castagnoli, puxemonos a falar sobre cal sería a nosa grande viaxe e despois pasámolo a papel, decorámolo e presentámolo ao resto da clase. Aquí están, grande variedade de destinos reais e imaxinarios:








domingo, 19 de xuño de 2022

Grandes viaxeiros e viaxeiras

Ao longo do curso, dentro do proxecto De viaxe!, que coordinou a BBS, na nosa clase investigamos sobre os grandes viaxeiros e viaxeiras que tiñamos nas nosas familias. Descubrimos que pais, avós, avoas, bisavós, bisavoas, tíos e tías viaxaron moito e visitaron países, nalgúns casos moi lonxanos, por diferentes motivos. Con toda a información que recollemos organizamos libros con lapelas nos que presentamos aos grandes viaxeiros/as, os seus motivos para viaxar, os lugares que visitaron e as anéctodas que nos contaron. 
Nestas últimas semanas do curso estamos poñendo en común o que descubrimos, presentando os libros con lapelas e compartindo o que aprendemos sobre os nosos familiares.Está a resultar moi interesante!👌😀

venres, 13 de maio de 2022

Viaxeiras

Carla, Alejandro e Icía presentáronnos esta semana as súas investigacións sobre tres mulleres viaxeiras, que xa remataran no mes de abril, pero que aínda non compartiran na clase. Fantásticos traballos e presentacións!

domingo, 27 de marzo de 2022

Mulleres viaxeiras

Estamos descubrindo a vida e as viaxes das incribles mulleres que forman a exposición que eleaboramos entre todas as aulas para o Día da Muller; todas elas sorprendentes e moi interesantes.

martes, 8 de marzo de 2022

8M: mulleres viaxeiras, Exeria

Este ano, para conmemorar o 8 de marzo traballamos sobre mulleres viaxeiras, seguindo así co tema do proxecto da BBS deste curso. Na nosa clase investigamos sobre Exeira, a primeira galega cronista de viaxes. Sorprendeunos!