martes, 27 de decembro de 2022
O casco de Leiro
venres, 23 de decembro de 2022
xoves, 22 de decembro de 2022
Presentando o Casco de Leiro
Mochila Viaxeira para Héctor
luns, 19 de decembro de 2022
O pai de Miguel
Onte veu ao colexio Jesús, o pai de Miguel, para falarnos sobre os cegos/as e o que utilizan
para comunicarse. El sabía moito porque ten unha discapacidade visual polo que non ve ben. Jesús
ensinounos os diferentes tipos de bastóns. Díxonos que si o bastón é completamente branco significa
que a persoa é só cega, pero se o bastón ten liñas brancas e vermellas é que a persoa é cega e xorda.
Tamén nos dixo que había unhas lentes para os que non son totalmente cegos (que é o seu caso) que
axudaban a ver mellor os chanzos das escaleiras e deixounos probalas. Todos estabamos moi atentos ao
que dicía. A súa muller, que tamén estaba alí, tiña uns xogos e libros en Braille que lle deixara unha
amiga cega e deixounos utilizalos.
Jesús traballa na ONCE, unha organización que axuda aos cegos españois. O 90% do diñeiro que
gañan ven do cupón que venden. Díxonos que hai máis de 23.000 persoas traballando para a ONCE.
Para nós foi unha charla moi interesante e agradecémoslle moito a súa visita.
Carla Fungueiriño
![]() |
Grazas, Jesús! Grazas, Tamara! |
venres, 16 de decembro de 2022
Nadal no Brea Segade
A árbore do Brea Segade, feita entre todos e todas, xuntando as nosas mans, creando e imaxinando todos/as a unha.