Amosando publicacións coa etiqueta Valores Sociais e Cívicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores Sociais e Cívicos. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2023

Estéticas

Na aula de Valores estamos traballando sobre as diferentes estéticas na vestimenta, nos gustos musicais, na maneira de entender o mundo... Coñecer é o primeiro paso para respectar. E niso estamos, coñecendo. O primeiro resultado é un mural que xa preside as escaleiras ao segundo andar. Han vir máis cousas...





xoves, 2 de marzo de 2023

Creando con Audacity

Comezamos a descubrir as posibilidades de Audacity para a gravación e edición de son. Xa temos as primeiras producións, aínda mellorables, pero imos moi ben.  Hai madeira radiofónica en Sexto! 😃





domingo, 20 de novembro de 2022

Bastón para discapacidade visual

Miguel tróuxonos o xoves pasado un bastón dos empregados por persoas con discapacidade visual e estivo ensinándonos como usalo. O bastón é do seu pai e, como todo o que nos contou Miguel foi moi interesante, decidimos convidar ao seu pai para que nos conte máis cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Grazas, Miguel!





xoves, 13 de outubro de 2022

Lendo Braille

 Hoxe rematamos as mini mensaxes en Braille e empezamos a intentar ler as mensaxes dos compañeiros e compañeiras. Custou un pouco e iso que eran minis!




mércores, 12 de outubro de 2022

Braille

En Valores Sociais e Cívicos estamos traballando sobre as linguaxes empregadas por persoas que teñen discapacidade para comunicarse. Comezamos coa linguaxe de signos e seguimos co Braille. Agora estamos probando a producir textos en Braille, escollendo cada quen o método para crear os signos. Moi interesante!










luns, 13 de xuño de 2022

Carteis provisionais para Máis ca Leña

Hoxe, puxemos os carteis provisionais que estivemos preparando para alegrar un pouco os buratos que quedaron despois do segundo roubo dos paneis do proxecto Máis ca leña. Son de cartón e non han durar moito, pero polo menos canalizamos o enfado que collemos ao saber do roubo e manifestamos o noso compromiso co proxecto e co noso monte. 

venres, 13 de maio de 2022

Viaxeiras

Carla, Alejandro e Icía presentáronnos esta semana as súas investigacións sobre tres mulleres viaxeiras, que xa remataran no mes de abril, pero que aínda non compartiran na clase. Fantásticos traballos e presentacións!

venres, 6 de maio de 2022

Radio BBS: Heredeiros da Crus

No mes de maio, Mes das Letras, imos investigar sobre grupos e interpretes de música galega e elaborar programas para emitir nos directos do recreo. Comezamos este xoves cos Heredeiros da Crus, que teñen na clase unha seguidora incondicional 😎 
Comezamos rockeiras/os 🎸 e, con cada programa, intentaremos descubrir diferentes estilos de música en galego.

martes, 22 de febreiro de 2022

Refuxiados e refuxiadas

Hoxe rematamos o mural sobre refuxiados e refuxiadas que o grupo de Valores Sociais e Cívicos estivo elaborando nas últimas semanas. Foi un bo traballo de busca e recollida de información, creación dos contidos e deseño do mural. Ben, feito, rapaces e rapazas!

mércores, 1 de decembro de 2021

Bibliotecas ambulantes

Carla e Alejandro presentaron o seu traballo sobre as bibliotecas ambulantes que intentaron achegar a cultura á poboación de Modena (Italia) e Bam (Irán) despois de dúas catástrofes naturais, dous terremotos, que destruíron ambas cidades. É un dos primeiros traballos elaborado co programa Libre Office Impress, que comezamos a usar na materia de Valores Sociais e Cívicos. 
 
Estupendo traballo, Carla e Alejandro!👏👏

luns, 15 de novembro de 2021

Mancomún


En Valores Sociais e Cívicos estiveron investigando sobre o monte en mancomún e a Comunidade de Montes de Taragoña; con todo o que aprenderon elaboraron dous podcasts na Radio BBS: un programa sobre o monte mancomunado e unha entrevista a Emilio Saborido e Miguel Rial, o pai de Icía, que son membros da Comunidade de Montes. 

 

Aquí os tedes:  

Monte en mancomún  

Entrevista a Emilio e Miguel