Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de outubro de 2022

Mesturas

Homoxéneas ou heteroxéneas? Andamos a voltas coas mesturas e nada mellor que experimentar para entendelas. Seguimos traballando co método científico: formulando hipóteses, observando e chegando a conclusións. 









luns, 26 de setembro de 2022

Experimentando coa materia

Empezamos de novo cos experimentos en Naturais. Estamos a ver os cambios na materia, de momento con tres experimentos:

1. Limpar moedas vellas en sal e vinagre.






2. Ver o efecto do limón na oxidación dunha mazá.








3. Efectos do sol sobre o papel do xornal.


venres, 13 de maio de 2022

Peixes: vexigas natatorias

Este mércores fixemos un experimento para comprender mellor o funcionamento das vexigas natatorias dos peixes. Os nosos peixes foron bolsas con garavanzos e as vexigas natatorias globos. Quedou claro que as vexigas cheas de aire permiten flotar a maior altura, mentres que ao estar baleiras axudan a descender.

domingo, 27 de marzo de 2022

Experimentando coas plantas

Esta semana completamos un experimento sobre a fotosíntese. É certo que as plantas liberan auga ao realizar a fotosíntese? Puidemos comprobalo nas árbores da nosa horta.


 

mércores, 3 de novembro de 2021

Oxidación

Seguimos experimentando coa materia e os seus cambios. Hoxe estivemos observando e recollendo datos sobre un cambio químico, a oxidación. Deixamos anacos de mazá con tona, sen ela, con sementes e sen sementes nuns pratos e fomos observando os cambios ao longo da mañá. Tras 4 horas expostas ao osíxeno a nosa hipótese principal confirmouse:
- Oxídase máis a mazá sen tona. 
- Oxídase máis a parte que está en contacto directo co aire.
Tamén observamos que a tona non se oxidou, que a oxidación só se deu na parte exterior dos anacos e que unha das mazás ten un  estraño triángulo na superficie que non se oxidou 👀
Comprobaremos o estado das mazás pasadas 24 horas...