Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de xuño de 2023

Primeiros Auxilios

Onte Sandra e Sonia, nais de Carla Rial e de Sabela e Helena, e enfermeiras de profesión, estiveron con nós ensinándonos nocións básicas de primeiros auxilios. Canto aprendemos! Trouxeron un par de bonecos para reanimación, un desfibrilador e un montón de boas recomendacións  sobre como actuar en situacións de emerxencia, accidentes, feridas...

Grazas, Sonia e Sandra! Foi moi interesante!










luns, 15 de maio de 2023

mércores, 19 de abril de 2023

Con José Vicente Somoza



Onte veu visitarnos José Vicente Somoza, o bisavó de Carla Rial. El foi quen atopou o Casco de Leiro e levabamos tempo querendo que nos contase de primeira man como foi atopar un dos achados máis importantes da Idade de Bronce. Carla xa nos dixera que daba gusto escoitalo e tiña toda a razón.  Contounos moitas cousas que non sabiamos e outras sobre as que xa leramos, pero que, contadas por el, resultaron aínda máis interesantes e nos quedaron máis claras. Grazas a el o Casco de Leiro forma parte do noso patrimonio e todos/as podemos coñecelo. 

Grazas, José, por vir falar con nós. 
Grazas a Sandra e a Manuel, por acompañalo. 




xoves, 2 de marzo de 2023

luns, 19 de decembro de 2022

O pai de Miguel

Onte veu ao colexio Jesús, o pai de Miguel, para falarnos sobre os cegos/as  e o que utilizan

para comunicarse. El sabía moito porque ten unha discapacidade visual polo que non ve ben. Jesús 

ensinounos os diferentes tipos de bastóns. Díxonos que si o bastón é completamente branco significa 

que a persoa é só cega, pero se o bastón ten liñas brancas e vermellas é que a persoa é cega e xorda. 

Tamén nos dixo que había unhas lentes para os que non son totalmente cegos (que é o seu caso) que 

axudaban a ver mellor os chanzos das escaleiras e deixounos probalas. Todos estabamos moi atentos ao 

que dicía. A súa muller, que tamén estaba alí, tiña uns xogos e libros en Braille que lle deixara unha  

amiga cega e deixounos utilizalos. 

Jesús traballa na ONCE, unha organización que axuda aos cegos españois. O 90% do diñeiro que

gañan ven do cupón que venden. Díxonos que hai máis de 23.000 persoas traballando para a ONCE. 

Para nós foi unha charla moi interesante e agradecémoslle moito a súa visita. 

                                                                                                                                        Carla Fungueiriño






Grazas, Jesús!
Grazas, Tamara!

martes, 11 de xaneiro de 2022

Viaxando!

Hoxe estivemos poñendo en común a información que procuramos nas casas sobre os lugares nos que temos ou tivemos familiares vivindo ou traballando, durante algún tempo. Tremenda mina de información temos! 😍
Claudia e Almudena trouxeron pasaportes e fotos, unha pequena mostra do moito que temos por descubrir.
Un bo comezo para poñernos a investigar e a darlle forma a todo o que nos poden contar e achegar desde as nosas familias. 😃