sábado, 29 de abril de 2023

Pablo Picasso

Hecho con Padlet
Aquí está o resultado do traballo colaborativo en torno á vida e a obra de Pablo Picasso. Este mural virtual recolle a investigación realizada en grupos dentro do PDI De Viaxe!, que estamos desenvolvendo neste curso e que na aula de Sexto estanos permitindo descubrir diferentes etapas e figuras artísticas. Fantástico trabalo, Sexto!

Mochila Viaxeira para Alejandro

Lecturas para esta ponte de maio. Que as desfrutes moito, Alejandro!

Estéticas

Na aula de Valores estamos traballando sobre as diferentes estéticas na vestimenta, nos gustos musicais, na maneira de entender o mundo... Coñecer é o primeiro paso para respectar. E niso estamos, coñecendo. O primeiro resultado é un mural que xa preside as escaleiras ao segundo andar. Han vir máis cousas...





O mundo ao revés ;-)

 



Con Marta Ríos

Este mércores tivemos un obradoiro sobre emocións con Marta Ríos. Por medio de xogos e actividades moi dinámicas, Marta convidounos a falar e reflexionar sobre os nosos medos e emocións e como xestionalos. Rematamos descubrindo que é o máis importante do mundo, algo que non podemos esquecer. Foi unha sesión moi interesante, que nos deu pistas para continuar traballando na casa e na clase sobre as emocións. Grazas, Marta!







sábado, 22 de abril de 2023

Sintaxe: o adverbio

Continuamos avanzando no coñecemento das clases gramaticais. Esta semana descubrimos que son e para que usamos os adverbios: xogando, razoando, creando oracións, desafiando aos compañeiros... Xa non sabemos facelo doutro xeito! 😉



Preparando o Día do Libro

 Ao longo da semana estivemos a preparar os nosos agasallos para os afillados e afilladas lector@s: contos e postais. O venres tivemos a nosa primeira experiencia como padriños e madriñas lectores, despois de 3 cursos sen poder celebrar a actividade. Sexto tomou moi en serio o seu papel, mirade que postais tan elaboradas.







No blog da BBS xa podedes ver reportaxe gráfica da celebración do Día do Libro na nosa biblioteca. 

mércores, 19 de abril de 2023

Con José Vicente Somoza



Onte veu visitarnos José Vicente Somoza, o bisavó de Carla Rial. El foi quen atopou o Casco de Leiro e levabamos tempo querendo que nos contase de primeira man como foi atopar un dos achados máis importantes da Idade de Bronce. Carla xa nos dixera que daba gusto escoitalo e tiña toda a razón.  Contounos moitas cousas que non sabiamos e outras sobre as que xa leramos, pero que, contadas por el, resultaron aínda máis interesantes e nos quedaron máis claras. Grazas a el o Casco de Leiro forma parte do noso patrimonio e todos/as podemos coñecelo. 

Grazas, José, por vir falar con nós. 
Grazas a Sandra e a Manuel, por acompañalo. 




sábado, 15 de abril de 2023

Sintaxe: o verbo

Este venres tivemos sesión especial de Sintaxe. Estiveron con nós Emilio, Diana e David e presentáronnos os recursos todos da 2ª nasa, para traballar co verbo. Que luxo! Que clariño nos quedou todo. Grazas!








Atrapasoños

Neste trimestre imos traballar con la en Plástica, facendo diferentes proxectos. Comezamos creando os nosos atrapasoños e está a gustarnos moito.