venres, 25 de febreiro de 2022

Pesdelán

A media mañá repuxemos forzas cun chocolate e as merendas, había que estar ben preparados para o concerto de Pesdelán. Leváronnos de viaxe polas músicas do mundo e fixéronnos bailar desde o primeiro momento. Foi moi divertido!
Agora tedes uns días para vivir o Entroido nas casas, nas aldeas... polo voso mundo.
 
Feliz Entroido! 🎉
 
 
Pasádeo moi ben e lembrade ir contando que facedes e como o pasades nos vosos Diarios de Entroido. 🎉👹👺

De viaxe polo mundo!

Os turistas choqueiros/as, xa preparados como estaban, marcharon de "viaxe polo mundo" nun xogo no que tiñan que superar probas para ir descubrindo o percorrido da viaxe e poder ir poñendo selos dos países visitados nos pasaportes. E estes turistas demostraron, unha vez máis, que poden con todo! Agora hai que pensar como usar os tres premios que gañaron no xogo... 😀
 

Venres: turistas choqueiros

Xoves de Entroido na BBS

Aínda que sexa Entroido os axudantes da BBS non paran, ben sexa na Radio BBS ou na biblio sempre hai moito que facer. Dá gusto vervos en acción!

Viva!

Alba seguiu contándonos como é o Entroido dos Xenerais da Ulla.Falounos dos vivas e os atranques e propúxonos probar a facelos nós. Así que nos puxemos mans á obra. Aquí tedes os nosos primeiros "vivas". Hai canteira!

mércores, 23 de febreiro de 2022

Con gravata

Cartel provisional

Xa está colocado o noso cartel provisional.

Día de Rosalía: caldo de gloria e pensamentos

Hoxe é o Día de Rosalía e no cole celebrámolo compartindo o "caldo de gloria" inspirado nos seu poema Miña casiña, meu lar e plantando pensamentos no patio de diante. 
Hoxe celebramos a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura e pasado o día, seguiremos lendo e descubrindo a vida e a obra de Rosalía, porque temos moito que aprender dela.
Neste enlace podedes ver todas as actividades organizadas pola BBS para celebrar o Día de Rosalía.

Obradoiro de radio

Hoxe, dentro do proxecto Radio na Biblio do que forma parte a BBS, participamos nun obradoiro de radio impartido por Sergio Pascual de Laboratorio da Radio
Entre outras moitas cousas aprendemos que o fundamental na radio é escoitar e que os ingredientes imprescindibles para facer radio son: a voz, a música, os efectos de son e o silencio. Fixémos xogos, escribimos guións e acabamos gravando as nosas historias. 
Agora só temos que seguir experimentando e gozando do traballo na radio. 📻💖
No blog da BBS tamén falan sobre este obradoiro.

Tod@s en pixama!

martes, 22 de febreiro de 2022

Sementade pensamentos: haikus

E aquí está o podcast cos haikus de 5º no Día de Rosalía.

Día de Rosalía: sementade pensamentos

Libre o meu pensamento! 
 
Esta semana aprendemos a crear Haikus, composicións poéticas de orixe xaponés, de tres versos, sen rima e que sempre teñen unha referencia á natureza. Rosalía, a súa obra e o seu libre pensamento servíronnos de inspiración. 
Premede no símbolo de pantalla completa para velos en grande. 

Amor polo monte

Mañá poñerémolo no souto do proxecto "Mais ca leña".

En pixama!

Chegou o máis agardado!

Gravando haikus

Hoxe rematamos os haikus que escribimos seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía. Son os nosos primeiros haikus, desta vez inspirados nos pensamentos e na obra de Rosalía. Decidimos gravalos e convertilos nun podcast, unha boa escusa para ir de novo á Radio BBS, que tanto nos gusta 😉

Refuxiados e refuxiadas

Hoxe rematamos o mural sobre refuxiados e refuxiadas que o grupo de Valores Sociais e Cívicos estivo elaborando nas últimas semanas. Foi un bo traballo de busca e recollida de información, creación dos contidos e deseño do mural. Ben, feito, rapaces e rapazas!

Con algo pintado na fronte

E quedaron algunhas frontes sen fotografar, pero haber había algunha máis pintada😬