Amosando publicacións coa etiqueta Abril mes dos libros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abril mes dos libros b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 16 de abril de 2023
venres, 6 de maio de 2022
Miles de libros
Esta foi unha semana ben intensa. De luns a xoves nas Horas de Ler contamos para todas as aulas do cole Miles de libros de Eduardo Baamonde. Máis que contar, representamos: aprendémonos os textos, buscamos xeitos de ambientar as escenas, ensaiamos e ... Acción!
O mellor foi que participamos todos/as e iso sempre o fai máis divertido.
domingo, 1 de maio de 2022
Ensaios
Estes días andamos cos preparativos para o contacontos que compartiremos cos compañeiros/as de todo o cole a semana que vén. Rematou abril, pero seguimos celebrando os libros e a lectura.😃
luns, 25 de abril de 2022
Ás para remontar o voo
Hoxe celebramos no cole o Día do Libro, que foi o sábado. Comezamos completando a mensaxe aos nenos e nenas do Día do Libro Infantil. Para iso fixemos por equipos un "ditado en movemento" coas palabras que faltaban no texto.
Despois, unha vez lemos a mensaxe, elaboramos avións de papel e os decoramos con títulos e ilustracións dos nosos libros favoritos.
E rematamos facéndoos voar!
![]() |
| "As historias son ás para remontar o voo" |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




































