Este mércores tivemos a visita da aula de 6º de Infantil do colecio Vilas Alborada de Santiago de Compostela. Viñeron coñecer o espazo de Máis ca leña, así que un grupo de Sexto fixo de guías para eles. Foi unha visita diferente, na que tivemos que cambiar cousas para poder presentar o proxecto a nenos e nenas máis pequenos, pero gustounos moito! E eles quedaron encantad@s, sobre todo coas cabras e os burros, como non!
Ningún comentario:
Publicar un comentario