Comezamos o 2º trimestre! Seguimos viaxando; agardamos descubrir moitos lugares novos, coñecer seres vivos interesantes e gozar moito do camiño que nos queda por diante. Para comezar imos coñecer a 3 aves que compiten sanamente entre elas para ser a ave do ano 2022. É unha iniciativa da SEO Birdlife (Sociedade Española de Orniotoloxía), que cada ano escolle a un ave ameazada para dar a coñecer a súa problemática e contribuír así a mellorar a súa situación. Descubramos á tartaraña cincenta, ao picanzo cabecirrubio e ao ruisinol de mato. Cal é o teu favorito?
Ningún comentario:
Publicar un comentario