O xoves e o venres estivemos traballando sobre a exposición que a Asociación Cultural Morreu o Demo deixou na nosa escola despois de vir impartir o obradoiro de títeres. Estamos descubrindo moita información interesante sobre Barriga Verde e os títeres en Galicia.
Moitas grazas por contardes con nós! É unha alegría ver como Barriga Verde chega a novas xeracións!
ResponderEliminarQué ledicia foi visitar o voso centro despois de tanto tempo sen poder entrar ás aulas, traballar man a man mirándonos, escoitándonos, sentíndonos un equipo conformado por persoas titiriteiras de todas as idades, respectándonos cada un na súa creativodade, gozamos a tope xogando ao teatro con todas e todos vós. E moito me emociona ver que continuades traballando, buscando fontes documentais na exposición, investigando sobre os títeres tamén nas conversas coas avoas, avós, padriños e madriñas. Longa vida aos títeres! Apertas a esa escola titiriteira!
ResponderEliminarCanta inquietude teñen sempre no Brea Segade! Que ben que a chegada dos Títeres e de Barriga Verde vos dea para abrir conversas coas familias e ampliar información. Non deixedes de contarnos!!! Parabéns!
ResponderEliminar