mércores, 8 de decembro de 2021

Da barraca á nosa aula

Onte tivemos a inmensa sorte de participar nun obradoiro de títeres de luva impartido por Anxo García, un dos grandes titiriteiros galegos, director da compañía Viravolta de Lalín e investigador da tradición dos títeres en Galicia, a quen debemos a recuperación da figura de Barriga Verde
Sobre Barriga Verde falaremos nos vindeiros días no cole, grazas á exposición que onte nos deixaron, como complemento do traballo que iniciamos cos obradoiros de construción de títeres. 
Estes obradoiros forman parte do proxecto "Da Barraca ás aulas" desenvolvido pola Asociación cultural "Morreu o demo".
Agradecemos a Morreu o Demo e ao Concello de Rianxo a experiencia que vivimos onte. 
Grazas, Anxo! Encantounos! 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario