Hoxe tivemos a honra de plantar o carballo que recibiu Fousas ao Monte como premio polas súas iniciativas para a conservación e mellora do patrimonio natural e polas actividades de divulgación e educación ambiental con nenos e nenas.
O premio chámase Carballo de Honra e concédeo a empresa García Sánchez de Boiro, que destaca pola súa preocupación e implicación no coidado do noso medio natural.
Fousas ao Monte decidiu que tiñamos que ser os nenos e nenas do Brea Segade os que plantáramos o carballo en fronte da caseta das cabuxas, xunto ás árbores que plantaramos en xaneiro, e alí fomos as aulas de 1º e 5º, en representación de todo o cole.
Grazas, Fousas ao Monte por compartir con nós o premio e darnos a oportunidade de seguir plantando árbores autóctonas
na contorna do noso colexio.
Parabéns polo Carballo de Honra!
Grazas, García Sánchez, polo voso compromiso co noso patrimonio natural plasmado no proxecto Sementa vida, sementa futuro, e por recoñecer o traballo do colectivo Fousas ao Monte con este premio.
Parabéns, Fousas! |
Aquí seguimos! O monte é noso! Máis ca leña!💚 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario