mércores, 26 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

 Este luns, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas. Nós celebrámolo enviando postais de parabéns á BBS e falando de que é o que máis nos gusta da nosa biblio. 













Día da biblioteca no blog da BBS

xoves, 20 de outubro de 2022

Comezamos con Sintaxe!

Este curso imos traballar a gramática cun método deseñado polo profesor Emilio Neira xunto cun  equipo de colaboradores/as. Sintaxe, que así se chama o método, está a ser usado en escolas de Suiza, pero nós, xunto cos de 2º, imos ser os primeiros/as en usalo en galego. Hoxe estiveron na nosa clase Emilio, David Cuence e Xiro, parte do equipo que creou o método,  e puidemos coñecer aos personaxes de Sintaxe, sen saber aínda que representan cada un deles 😉,  falar cos seus creadores e comentar con eles que é o máis importante de Sintaxe: pensar, relacionar, opinar, preguntar, tocar, razoar... Durante un par de días máis Emilio e o seu equipo estarán con nós para axudarnos a comezar. A primeira impresión foi moi boa!









xoves, 13 de outubro de 2022

Mochila Viaxeira para Adriana



Adriana foi a primeira en levar a Mochila Viaxeira este curso! Alí van un bo feixe de lecturas, música e unha peli para compartir en familia. Que a desfrutedes!

Lendo Braille

 Hoxe rematamos as mini mensaxes en Braille e empezamos a intentar ler as mensaxes dos compañeiros e compañeiras. Custou un pouco e iso que eran minis!




A miña grande viaxe

 Despois de escoitar o conto co que a BBS abriu o curso este ano A grande viaxe de Anna Castagnoli, puxemonos a falar sobre cal sería a nosa grande viaxe e despois pasámolo a papel, decorámolo e presentámolo ao resto da clase. Aquí están, grande variedade de destinos reais e imaxinarios:








mércores, 12 de outubro de 2022

Círculos e circunferencias

 Seguimos experimentando co compás, desta vez de xeito libre.




Braille

En Valores Sociais e Cívicos estamos traballando sobre as linguaxes empregadas por persoas que teñen discapacidade para comunicarse. Comezamos coa linguaxe de signos e seguimos co Braille. Agora estamos probando a producir textos en Braille, escollendo cada quen o método para crear os signos. Moi interesante!