Este curso imos traballar a gramática cun método deseñado polo profesor Emilio Neira xunto cun equipo de colaboradores/as. Sintaxe, que así se chama o método, está a ser usado en escolas de Suiza, pero nós, xunto cos de 2º, imos ser os primeiros/as en usalo en galego. Hoxe estiveron na nosa clase Emilio, David Cuence e Xiro, parte do equipo que creou o método, e puidemos coñecer aos personaxes de Sintaxe, sen saber aínda que representan cada un deles 😉, falar cos seus creadores e comentar con eles que é o máis importante de Sintaxe: pensar, relacionar, opinar, preguntar, tocar, razoar... Durante un par de días máis Emilio e o seu equipo estarán con nós para axudarnos a comezar. A primeira impresión foi moi boa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario