E chegou o día! Onte tivemos o encontro con Andrea Maceiras para falar sobre A folla azul. Antes de poder facerlle as preguntas que tiñamos preparadas levounos "de viaxe" ata o Amazonas e ensinounos o mundo no que se inspirou para escribir a aventura de Husu. Despois da súa presentación, que estivo xenial, aínda tiñamos máis preguntas e máis cousas que queriamos comentar con ela.
Antes de marchar asinounos os libros e achegouse á Radio BBS para unha entrevista. Case non a deixamos marchar! 😉
No blog da BBS tedes unha entrada sobre o encontro con máis imaxes.
Grazas, Andrea!
































