martes, 5 de abril de 2022

Con Andrea Maceiras

E chegou o día! Onte tivemos o encontro con Andrea Maceiras para falar sobre A folla azul. Antes de poder facerlle as preguntas que tiñamos preparadas  levounos "de viaxe" ata o Amazonas e ensinounos o mundo no que se inspirou para escribir a aventura de Husu. Despois da súa presentación, que estivo xenial, aínda tiñamos máis preguntas e máis cousas que queriamos comentar con ela. 
Antes de marchar asinounos os libros e achegouse á Radio BBS para unha entrevista. Case non a deixamos marchar! 😉
No blog da BBS tedes unha entrada sobre o encontro con máis imaxes. 
 
Grazas, Andrea!

4 comentarios:

  1. Ola, son Iván e gustoume moito estar con Andrea Maceiras.

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito o libro e o encontro. O que mais me gustou foron as diapositivas que nos levou. Quero que volva mais veces.

    ResponderEliminar
  3. Encantoume que viñese. Moitos bicos.Carla.F

    ResponderEliminar
  4. QUERO QUE VOLVA! Encantoume coñecela e encantoume o libro:3 Pareceume unha persoa moi voa. Grazas Andrea Maceiras! :) Irene 5º

    ResponderEliminar