luns, 13 de xuño de 2022

Carteis provisionais para Máis ca Leña

Hoxe, puxemos os carteis provisionais que estivemos preparando para alegrar un pouco os buratos que quedaron despois do segundo roubo dos paneis do proxecto Máis ca leña. Son de cartón e non han durar moito, pero polo menos canalizamos o enfado que collemos ao saber do roubo e manifestamos o noso compromiso co proxecto e co noso monte. 

domingo, 12 de xuño de 2022

Digicraft: a nave dos soños

Este venres adentrámonos nunha nova aventura Digicraft. Desta vez viaxamos ao 2060 para eliminar un virus que puña en perigro a misión máis importante da humanidad: a primeira viaxe interestelar. Mensaxes en clave, retos que superar en equipo, comprobar as ahabilidades como robots... E virus eliminado!! Sodes uns cracks!

Contadoras da BBS

Este venres Carla Fungueiriño e Icía foron as encargadas de lembrarnos o moito que nos gustaban na BBS os contacontos do recreo. Contáronos "Na busca dun fogar" e encantounos! Para o vindeiro curso, retomaremos os contacontos semanais, que ganas. 
Moi ben, Carla e Icia! Foi xenial escoitarvos! 
 
Tedes máis información e fotos no blog da BBS.

xoves, 9 de xuño de 2022

Parabéns, Quinto!

Este luns Quinto recibiu os seus certificados de participación no programa de voluntariado da Xunta de Galicia, recoñecemento do seu bo traballo como axudantes de biblioteca ao longo de todo o curso. 

Moi ben rapaces e rapazas!

venres, 3 de xuño de 2022

Carballo de Honra

Hoxe tivemos a honra de plantar o carballo que recibiu Fousas ao Monte como premio polas súas iniciativas para a conservación e mellora do patrimonio natural e polas actividades de divulgación e educación ambiental con nenos e nenas. 
O premio chámase Carballo de Honra e concédeo a empresa García Sánchez de Boiro, que destaca pola súa preocupación e implicación no coidado do noso medio natural. 
Fousas ao Monte decidiu que tiñamos que ser os nenos e nenas do Brea Segade os que plantáramos o carballo en fronte da caseta das cabuxas, xunto ás árbores que plantaramos en xaneiro, e alí fomos as aulas de 1º e 5º, en representación de todo o cole. 
Grazas, Fousas ao Monte por compartir con nós o premio e darnos a oportunidade de seguir plantando árbores autóctonas 
na contorna do noso colexio. 
 
Parabéns polo Carballo de Honra! 
 
Grazas, García Sánchez, polo voso compromiso co noso patrimonio natural plasmado no proxecto Sementa vida, sementa futuro, e por recoñecer o traballo do colectivo Fousas ao Monte con este premio.
Parabéns, Fousas!
Aquí seguimos! O monte é noso! Máis ca leña!💚

Río Llobregat

Alex puxo o punto final ás presentacións dos ríos falándonos do Llobregat. 

xoves, 2 de xuño de 2022

Encontro co Barbanza Rugby Club

O mércores na clase de Educación Física tivemos un encontro con membros do Club de Rugby Barbanza. Comezamos vendo un vídeo na clase, para a coñecer como empezou e en que consiste o rugbi e despois fomos ao pavillón e tivemos unha sesión de inciación con: pases, desprazamentos, formas de caer sen mancarnos... Foi divertido!

Grazas ao Barbanza Rugbi Club por achegarvos ao cole para ensinarnos en que consiste o rugbi!

Río Miño

Adriana presentounos o río Miño. 

Río Turia

Héctor falounos do Turia. 

Río Segura

Daniela presentounos un dos ríos da vertente mediterránea, o río Segura. 

Río Ter

Miguel falounos sobre un dos ríos cataláns, o Ter.