domingo, 20 de novembro de 2022

Bastón para discapacidade visual

Miguel tróuxonos o xoves pasado un bastón dos empregados por persoas con discapacidade visual e estivo ensinándonos como usalo. O bastón é do seu pai e, como todo o que nos contou Miguel foi moi interesante, decidimos convidar ao seu pai para que nos conte máis cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Grazas, Miguel!





martes, 15 de novembro de 2022

Viaxando por Europa V

Rematamos coas presentacións sobre os nosos lugares favoritos de Europa. Moi bo traballo, rapaces e rapazas! Boas presentacións, boas animacións e boas exposicións. Bravo! 👏👏

xoves, 10 de novembro de 2022

Mochila Viaxeira para Noa

Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, a de Sexto levouna Noa. Aprovéitaa ben, Noa, levas un feixe de lecturas, música e peli ben variado.

Viaxando por Europa IV

Novas presentacións, novos destinos apetecibles no continente europeo e novos xeitos de animar e presentar a información. Continuamos vendo moi bos traballos.

Viaxando por Europa III

Novas presentacións sobre os nosos lugares favoritos de Europa. Seguides demostrando que as presentacións dinámicas non teñen segredos para vós.

martes, 8 de novembro de 2022

Viaxando por Europa II

Seguimos compartindo presentacións de países de Europa que vos gustaría visitar. Seguimos comprobando que estades feitas unhas cracks nisto das presentacións e das animacións de textos e imaxes. Moi bo traballo!

Viaxando por Europa

Despois dunhas semanas traballando sobre Europa e aprendendo a facer presentacións animando  imaxes e textos, comezamos a expoñer os traballos. Están moi ben! Cada quen escolleu que lugares visitaría en Europa e preparou unha pequena ficha sobre o país. Compartimos as presentacións en PDF, así que perdemos as animacións, pero o certo é que temos expertos/as na clase en presentacións dinámicas. Bravo!


domingo, 6 de novembro de 2022

Saída ao Centro Arqueolóxico de Neixón

Este venres 5º e 6º visitamos o Centro Arqueolóxico de Neixón da man de Victor Barbeito. Aprendemos moito sobre como se vivía na Prehistoria na Barbanza e descubrimos que a nosa comarca ten unha enorme riqueza arqueolóxica e que podemos aprender moito do noso pasado con só observar con calma, ler e buscar información. 


RESTOS ARQUEOLÓXICOS NA BARBANZA









MÁMOAS E DOLMENS


PETRÓGLIFOS


CASTROS



CASTRO GRANDE




CASTRO PEQUENO




Grazas, Victor!

sábado, 29 de outubro de 2022

Arañas en acción!

E unha vez que as arañas estaban feitas había que darlles vida. Traballamos en grupos creando animacións en Stop Motion e un anuncio en vídeo. Aínda temos que editar, pero xa sabemos que hai moi bo material 😍 










Arañas

 Unha vez protexidos/as contra todo mal polos nosos escritos, pasamos seguir paso a paso un texto instrutivo, para crear unhas "terroríficas" arañas títere. Quedaron impresionantes!!