martes, 21 de xuño de 2022
Grandes viaxeiros: o avó de Noa
Noa falounos do seu avó, que viviu en Lucerna (Suiza) coa súa familia durante moitos anos. En Suiza o avó de Noa traballaba nunha fábrica.
Grandes viaxeiros: Fran
Almudena falounos do seu pai, que viaxa por moitos países de Europa debido ao seu traballo.Entre todos os países nos que ten estado, Almudena escolleu Bélxica e Gran Bretaña.
Grandes viaxeiros: Adán
O pai de Adriana viaxou por traballo, a moitos lugares do norte de España, principalmente en Asturias e o País Vasco.
domingo, 19 de xuño de 2022
Visita guiada para Segundo
O venres levamos aos nenos e nenas de Segundo de visita ao roteiro Máis ca leña. Foi a nosa primeira visita con nenos/as e gustounos moito comezar cos nosos compañeiros/as de 2º.
Saída aos Museos Científicos de A Coruña
O xoves pasado tivemos a excursión de fin de curso. Fomos cos de Sexto á Coruña e visitamos o Domus, a Casa dos Peixes e a Casa das Ciencias. Foi un día intenso, non paramos, nin nos lembramos da merenda da mañá! Había moito que ver e experimentar. 😀
Grandes viaxeiros: o avó de Carla
O avó de Carla Fungueiriño era mariñeiro e viaxou por todo o mundo nun barco de pesca de atún. Carla trouxo para a súa presentación: fotos, pasaportes e cartillas de vacinación do seu avó e postais que foi enviado a casa desde distintos lugares do mundo: Paises Baixos, Noruega, Canadá, Reino Unido...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































