luns, 21 de febreiro de 2022
Sementade pensamentos
Estamos preparando a celebración do Día de Rosalía, o 23 de febreiro. A BBS sumouse ás propostas da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, que este ano ten como lema: Sementade pensamentos. Comezamos creando carteis coa imaxe de Rosalía decorada por pensamentos nos que algúns dos nosos versos favoritos de Rosalía de Castro. Quedaron así de chulos!
domingo, 20 de febreiro de 2022
2ª sesión obradoiro de nutrición
Seguimos avanzando no obradoiro de nutrición impartido por Eloy Figueira Rial. Este venres tivemos a segunda sesión onde traballamos fundamentalmente sobre a interpretación das etiquetas dos alimentos.
venres, 18 de febreiro de 2022
Estamos enfadadas/os!
Si, estamos moi enfadados e enfadadas. Hoxe descubrimos que alguén levou a posta dous dos paneis do proxecto Máis ca leña. Non racharon, nin os levou o vento, alguén pasou o traballo de sacarlles os parafusos e levalos. Roubou dúas planchas de madeira, pero tamén levou moitas horas de traballo, moita ilusión, o compromiso do colexio, das familias e dos veciños e veciñas co noso monte... Todo iso e máis está nos paneis de Máis ca leña. Parece mentira que algúen poida ter tan pouca cabeza e tan mala idea.
O enfado hanos pasar, os paneis hanse repoñer e o noso compromiso co proxecto Máis ca leña e co noso monte vaise multiplicar, porque con adultos así polo mundo máis vale que espabilen os nenos e as nenas.
xoves, 17 de febreiro de 2022
O Xenerais da Ulla
Seguimos a nosa viaxe polo Entroido en Galicia. De Ourense pasamos á Ulla, para descubrir outro dos entroidos máis antigos e máis tradicionais de Galicia: os Xenerais da Ulla.
Temos a enorme sorte de que Alba, a profe que está con nós estes meses, é de Boqueixón e pode contarnos de primeira man como se vive o Entroido nas terras da Ulla. E non só contarnos, hoxe trouxo unha chaqueta dun xeneral, para que puideramos coñecer como son os traxes que levan, unha chulada!
Grazas, Alba!😍 |
martes, 15 de febreiro de 2022
luns, 14 de febreiro de 2022
sábado, 12 de febreiro de 2022
Comparando superficie
Seguimos traballando con lonxitude e superficie. Este venres Alba propúxonos que calculáramos e comparáramos a superficie de figuras con diferentes formas, feitas con cadrados de cartolina. Canto máis claro é todo o que podemos manipular!
Traballando coa AEMET
Esta semana descubrimos a páxina da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e estivemos comparando datos de estado do ceo, precipitacións, temperaturas, humidade relativa...
Ata tivemos a predición do tempo do tempo para a fin de semana en Rianxo! Tede a man chuvasqueiros e paraugas 🌂💧
Digicraft: en busca do chip
Este venres volvimos traballar co proxecto Digicraft. Desta vez tivemos que superar diferentes probas en equipo para atopar o chip que permite a existencia de imaxes, audios e vídeos en internet. Despois de superar unha chea de retos colaborando entre tod@s, recuperamos o chip e ata gañamos cartas que nos permitirán ter algúns "privilexios" na clase nas próximas semanas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)