venres, 16 de decembro de 2022

Nadal no Brea Segade

 

A árbore do Brea Segade, feita entre todos e todas, xuntando as nosas mans, creando e imaxinando todos/as a unha. 







Falamos de...

De Linoy Ashram, de Messi, de Anna Frank, de Freddie Mercury, de Hestia, de Dwayne Douglas Johnson, de Sadie Sink, de Millie Bobby Brown e de moitos máis, ata un total de 14. Estamos descubrindo persoas que vos interesan polo seu traballo, pola súa historia, polos seus méritos...  E seguimos comprobando o moito que aprendestes desde que comenzastes a traballar con Edixgal e o cracks que sodes elaborando presentacións. 













o

sábado, 10 de decembro de 2022

Os nosos títeres

Este venres puxémonos mans á obra e elaboramos os títeres para as historias que inventaramos en grupo. Mirade que artistas hai en Sexto.

Todo listo, só quedaba ensaiar e representar. 




Grazas, Electra, aprendemos un montón e pasámolo moi, moi ben. Seguiremos creando e gozando cos títeres. 

xoves, 8 de decembro de 2022

Canción sen medo

Obradoiro de títeres

Esta semana estamos a participar nun obradoiro de títeres impartido por Electra Menéndez, da asociación Morreu o demo. Comezamos elaborando guións para as nosas obras de títeres, que van ser tres diferentes, coa temática das viaxes. Guións listos! Mañá comezamos coas personaxes, decorados e attrezo e remataremos representando as nosas obras. Que ganas!