sábado, 10 de decembro de 2022

Os nosos títeres

Este venres puxémonos mans á obra e elaboramos os títeres para as historias que inventaramos en grupo. Mirade que artistas hai en Sexto.

Todo listo, só quedaba ensaiar e representar. 




Grazas, Electra, aprendemos un montón e pasámolo moi, moi ben. Seguiremos creando e gozando cos títeres. 

xoves, 8 de decembro de 2022

Canción sen medo

Obradoiro de títeres

Esta semana estamos a participar nun obradoiro de títeres impartido por Electra Menéndez, da asociación Morreu o demo. Comezamos elaborando guións para as nosas obras de títeres, que van ser tres diferentes, coa temática das viaxes. Guións listos! Mañá comezamos coas personaxes, decorados e attrezo e remataremos representando as nosas obras. Que ganas!







martes, 29 de novembro de 2022

venres, 25 de novembro de 2022

25 N: Día contra a violencia de xénero

Conmemoramos no cole o 25 N, todas xuntas, todos xuntos, na biblioteca. Mostramos o noso rexeitamento ao machismo cantando e con carteis que agora presiden a entrada da nosa escola. Vimos o vídeo no que cantamos e ensinamos os carteis, que aínda haberá que completar coas imaxes de hoxe, pero que xa é impresionante, moi fermoso. 








Sintaxe: avante toda!

 Segunda sesión con Sintaxe... Avanzamos. Non hai determinante que se nos resista!







Carta dos Dereitos fundamentais da Unión Europea

En Sociais continuamos traballando sobre Europa. Nestas últimas semanas descubrimos en que consiste a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que dereitos temos como cidadáns e cidadás de Europa. En parellas ou tríos lemos un dos apartados da Carta, resumímolo e presentámolo ao resto da clase. 









xoves, 24 de novembro de 2022

Mochila Viaxeira para Daniela

Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, a de Sexto marchou para o Araño, para a casa de Daniela. Tes dúas semanas para gozar dela, Daniela, aprovéitaa ben! 😍




Que será?

Comezamos un novo proxecto en Plástica, imos traballar novamente coa técnica de Stop Motion, desta vez con algo máis de tempo, elaborando ben os guións, preparando personaxes, decorados... Xa estamos mans á obra! Algunha idea de que sobre que van tratar as nosas novas creacións? 😂

25 N

Esta semana estamos a preparar a conmemoración do 25 N, o Día contra a violencia machista. En Sexto témolo claro, queremos vivir nun mundo libre de violencia de xénero.

Falando de escritores e escritoras

Aproveitando as lecturas que collemos cada semana na BBS, estamos a coñecer algúns escritores e escritoras de literatura infantil e xuvenil. Cada quen presenta ao escritor ou escritora do último libro que leu. Está a resultar moi interesante.


Pantene arácnidos

Unha nova creación coas arañas como protagonistas.

martes, 22 de novembro de 2022

Carreira de arañas

Nos seus postos, listas...Xa! Carreira de arañas!

Arañas

Compartimos a primeira das creacións en Stop Motion que elaboramos na mañá de Samaín no cole. Mirade o que dan de si unhas arañas 😂