Chegou a nasa de Sintaxe! Veu chea de personaxes que nos van axudar a entender a gramática.
Comezamos por coñecer o determinante. Reflexionamos sobre o seu significado e uso, construímos grupos nominais, xogamos, fedellamos co personaxe...

Miguel tróuxonos o xoves pasado un bastón dos empregados por persoas con discapacidade visual e estivo ensinándonos como usalo. O bastón é do seu pai e, como todo o que nos contou Miguel foi moi interesante, decidimos convidar ao seu pai para que nos conte máis cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Grazas, Miguel!
Despois dunhas semanas traballando sobre Europa e aprendendo a facer presentacións animando imaxes e textos, comezamos a expoñer os traballos. Están moi ben! Cada quen escolleu que lugares visitaría en Europa e preparou unha pequena ficha sobre o país. Compartimos as presentacións en PDF, así que perdemos as animacións, pero o certo é que temos expertos/as na clase en presentacións dinámicas. Bravo!
Este venres 5º e 6º visitamos o Centro Arqueolóxico de Neixón da man de Victor Barbeito. Aprendemos moito sobre como se vivía na Prehistoria na Barbanza e descubrimos que a nosa comarca ten unha enorme riqueza arqueolóxica e que podemos aprender moito do noso pasado con só observar con calma, ler e buscar información.