O venres levamos aos nenos e nenas de Segundo de visita ao roteiro Máis ca leña. Foi a nosa primeira visita con nenos/as e gustounos moito comezar cos nosos compañeiros/as de 2º.
domingo, 19 de xuño de 2022
Saída aos Museos Científicos de A Coruña
O xoves pasado tivemos a excursión de fin de curso. Fomos cos de Sexto á Coruña e visitamos o Domus, a Casa dos Peixes e a Casa das Ciencias. Foi un día intenso, non paramos, nin nos lembramos da merenda da mañá! Había moito que ver e experimentar. 😀
Grandes viaxeiros: o avó de Carla
O avó de Carla Fungueiriño era mariñeiro e viaxou por todo o mundo nun barco de pesca de atún. Carla trouxo para a súa presentación: fotos, pasaportes e cartillas de vacinación do seu avó e postais que foi enviado a casa desde distintos lugares do mundo: Paises Baixos, Noruega, Canadá, Reino Unido...
Grandes viaxeiros: Verónica
Verónica, a tía de Irene, é unha grande viaxeira por pracer, por curiosidade e porque lle encanta viaxar. Visitou moitos países de Europa e tamén viaxa con frecuencia a Andalucía.
Grandes viaxeiros: Miguel
Grandes viaxeiros: José María e Concha
Carla Rial presentounos aos seus bisavós José María e Concha que viaxaron e viviron en Bélxica, buscando traballo e unha vida mellor.
Grandes viaxeiros e viaxeiras
Ao longo do curso, dentro do proxecto De viaxe!, que coordinou a BBS, na nosa clase investigamos sobre os grandes viaxeiros e viaxeiras que tiñamos nas nosas familias. Descubrimos que pais, avós, avoas, bisavós, bisavoas, tíos e tías viaxaron moito e visitaron países, nalgúns casos moi lonxanos, por diferentes motivos. Con toda a información que recollemos organizamos libros con lapelas nos que presentamos aos grandes viaxeiros/as, os seus motivos para viaxar, os lugares que visitaron e as anéctodas que nos contaron.
Nestas últimas semanas do curso estamos poñendo en común o que descubrimos, presentando os libros con lapelas e compartindo o que aprendemos sobre os nosos familiares.Está a resultar moi interesante!👌😀
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























































