sábado, 7 de maio de 2022

Máis ca leña

Comezamos!!!

Este venres fixemos a nosa primeira visita como guías do proxecto Máis ca leña. Recibimos ao alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego de Xestión Forestal de Boiro. Acompañounos tamén Emilio Saborido, para botarnos unha man nesta primeira experiencia e axudar a levar mellor os nervios, que eran moitos 😉

Desta vez participamos toda a clase, repartimos o traballo e colaboramos entre tod@s para que a visita resultara ben. E resultou! 

Agora que comezamos, a tope con Máis ca leña ! 💚💚

Moitas grazas ao Obradoiro de Emprego de Boiro, polo amables e agarimosos que fostes con nós e por facernos tan doada a visita. 

Grazas, Emilio, pola axuda e polo moito que sempre aprendemos contigo 😍

Bo traballo, 5º!!

venres, 6 de maio de 2022

Radio BBS: Heredeiros da Crus

No mes de maio, Mes das Letras, imos investigar sobre grupos e interpretes de música galega e elaborar programas para emitir nos directos do recreo. Comezamos este xoves cos Heredeiros da Crus, que teñen na clase unha seguidora incondicional 😎 
Comezamos rockeiras/os 🎸 e, con cada programa, intentaremos descubrir diferentes estilos de música en galego.

Miles de libros

Esta foi unha semana ben intensa. De luns a xoves nas Horas de Ler contamos para todas as aulas do cole Miles de libros de Eduardo Baamonde. Máis que contar, representamos: aprendémonos os textos, buscamos xeitos de ambientar as escenas, ensaiamos e ... Acción! 
O mellor foi que participamos todos/as e iso sempre o fai máis divertido.

domingo, 1 de maio de 2022

Deica logo!

Este venres despedímonos de Alba, que rematou o seu tempo con nós, pero sabemos que imos manter o contacto con ela e que ha voltar facernos algunha visita, así que non lle dicimos adeus.
.
Deica logo, Alba! 
Encantounos terte con nós!

Ensaios

Estes días andamos cos preparativos para o contacontos que compartiremos cos compañeiros/as de todo o cole a semana que vén. Rematou abril, pero seguimos celebrando os libros e a lectura.😃

Encrucillado de sinónimos e antónimos

Retomamos os sinónimos e antónimos que traballamos no patio cun encrucillado colectivo que nos fixo poñer as cabeciñas en acción 😉

Banda deseñada

Comezamos a traballar sobre banda deseñada e a mellor maneira de descubrir as princiais caracterñisticas deste tipo de creacións é ir á BBS e remexer nos fondos de cómic.