sábado, 12 de febreiro de 2022

Comparando superficie

Seguimos traballando con lonxitude e superficie. Este venres Alba propúxonos que calculáramos e comparáramos a superficie de figuras con diferentes formas, feitas con cadrados de cartolina. Canto máis claro é todo o que podemos manipular!

Traballando coa AEMET

Esta semana descubrimos a páxina da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e estivemos comparando datos de estado do ceo, precipitacións, temperaturas, humidade relativa... 
Ata tivemos a predición do tempo do tempo para a fin de semana en Rianxo! Tede a man chuvasqueiros e paraugas 🌂💧

Digicraft: en busca do chip

Este venres volvimos traballar co proxecto Digicraft. Desta vez tivemos que superar diferentes probas en equipo para atopar o chip que permite a existencia de imaxes, audios e vídeos en internet. Despois de superar unha chea de retos colaborando entre tod@s, recuperamos o chip e ata gañamos cartas que nos permitirán ter algúns "privilexios" na clase nas próximas semanas.

sábado, 5 de febreiro de 2022

Consultando o OPAC

Esta semana aprendemos como consultar o OPAC, ou o que é o mesmo, o catálogo dos fondos da nosa biblioteca. De momento sabemos buscar por autor/a e por título, pero iremos ampliando as buscas.

Máis poemas para construír a Paz

Seguimos lendo poesía que fala de Paz, de Non Violencia e dun mundo mellor. Porque como en outros moitos temas, pasou o Día da Paz, pero non a necesidade de falar sobre ela e de traballar día a día por ela.

Medindo superficie

Esta semana comezamos a traballar coa medición de superficie e, aproveitando estes días de sol, fixémolo no patio: campo de fútbol, arreiro, campo de brilé, cuberto da entrada... Custou un pouquiño organizarnos e comezar, pero ao final, medimos todo o que se nos puñe diante!😉