A semana pasada descubrimos un novo recurso Edixgal para a área de Matemáticas, as regletas dixitais. Seguro que nos van dar moito xogo, xa no primeiro día resolvemos retos propostos e sorprendémonos con creacións propias. Mirade...
luns, 18 de outubro de 2021
domingo, 17 de outubro de 2021
Bibliotecas en movemento
O 24 do outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Esta semana imos falar sobre diferentes tipos de bibliotecas, sobre a súa importancia e sobre o que atopamos nelas os usuarios e usuarias.
Comezamos lendo e falando sobre bibliotecas en movemento. Entrade nos enlaces que están debaixo das fotos e descubriredes bibliotecas únicas.
De aquí para allá... con la Biblioteca a todos lados!
9 bibliotecas itinerantes que llevan cultura a las regiones más remotas del mundo
sábado, 16 de outubro de 2021
Globos aerostáticos
A BBS pediunos axuda para decorar o taboleiro da entrada co lema do proxecto deste curso De viaxe! Temos que decorar un globo aerostático entre toda a clase.
Comezamos por deseñar, cada quen de nós, un globo aerostático que nos servirán de inspiración, para recoller ideas e para dar vida ao noso corredor. Así de chulos quedaron! O da clase está en proceso...
ç
Radio BBS
Esta semana comezamos a colaborar nos directos do recreo da Radio BBS. Os mércores e xoves os axudantes da BBS emiten en directo e pódense escoitar no patio e na biblio. Nós emitimos os xoves. Carla, Claudia, Alejandro e Alexander foron os primeiros. Aquí os tedes, uns auténticos profesionais!
venres, 8 de outubro de 2021
Somos axudantes da BBS!
Todo 5º empeza este curso a colaborar coa BBS. Vai ser só nos recreos dos xoves, o noso día de biblio, pero hai un montón de tarefas a facer e un montón de mans para colaborar. Comezamos!
mércores, 6 de outubro de 2021
Solubilidade
Seguimos traballando coa materia, hoxe experimentamos cunha das súas características, a solubilidade, aplicando o método científico: plantexamento de problema, hipótese, experimento, observación e conclusións.
Comezamos:
![]() |
| Solutos: aceite e azucre |
![]() |
| Solutos: vinagre e sal |
![]() |
| Disolvente: auga |
E se botamos o aceite antes?
luns, 4 de outubro de 2021
sábado, 2 de outubro de 2021
Outono
Estamos no outono, xa no mes de outubro! Teremos que anuncialo.
Comezamos a deseñar cartaces, usando follas caídas no xardín do cole como tema principal.
Buscando na BBS
Os xoves, na BBS, non só emprestamos e devolvemos libros, tamén descubrimos os fondos da biblio, como están organizados, como atopalos, que é a sinatura que levan os libros no lombo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























