sábado, 25 de marzo de 2023

Saída a Santiago: CGAC

Este xoves estivemos en Santiago de Compostela. Visitamos o Centro de Arte Contemporáneo, o Museo do Pobo Galego e a catedral. A predición do tempo era terrible, pero: quen dixo medo á chuvia? Nós non! E a predición cumpriuse, choveu e ventou sen parar mañá e tarde, pero nós pasamos un día fantástico. 😃

Merendando na porta do CGAC


Visitamos a exposición Camiños, acompañados por Natalia, que nos foi falando do propio CGAC que é, en si, unha obra de arte contemporánea e das obras que forman parte da exposición: cadros, fotografías, montaxes en vídeo, performances, esculturas, obras en 3D...









Despois chegou o tempo do obradoiro de creación no que Natalia convidounos a crear o camiño das nosas vidas empregando diferentes materiais plásticos e de refugallo








Con todos os nosos camiños elaboramos unha montaxe e despois algúns explicaron que momentos da vida representaban os diferentes elementos dos seus camiños. Moi, moi interesante!







E a sorpresa final foi: a luz ultravioleta!




Sodes artistas contemporáneos! 😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario