sábado, 24 de xuño de 2023

Alegría!

Con "alegrías" rematamos as publicacións deste blog que foi o noso diario de viaxe nos últimos dous cursos. Levade as mellores lembranzas do voso paso polo Brea Segade e empezade con moitas ganas e alegría a nova etapa. Boa viaxe, Sexto! 😍😘😘

Baile Sexto

Despedida

 

Comezamos!


Grazas!!!


21 de xuño: obradoiros

A última mañá do curso estivo chea de sorpresas, de actividades e de diversión. Compartimos tod@s xuntos a ledicia por un curso que remata, pero tamén a emoción e a tristeza por despedirnos de Sexto. Tivemos moitos obradoiros para escoller: maquillaxe, pulseiras, chaveiros, chapas, camisetas, xogos populares, karaoke...



















Despois chegou o tempo da merenda, que desta volta trouxeron os nenos e nenas de 2º e 4º. Ah! E tamén houbo xeados. Mmmmm!



Cousas

Entre as sorpresas que fomos argallando para os últimos días de curso, o Concello de Rianxo agasallou aos grupos de 5º e 6º cun exemplar de Cousas de Castelao, unha boa lectura para o verán, un imprescindible como rianxeiros e rianxeiras e un bo recordo do paso polo Brea Segade.

Grazas, Concello de Rianxo!



venres, 23 de xuño de 2023

O trivial do Brea Segade

 O martes xogamos ao trivial, pero non a un calquera, ao Trivial do Brea Segade! Houbo preguntas de Mates, Sociais, Naturais, Sintaxe, Máis ca leña e "salseo". Foi divertido!








O club de remo de Rianxo

Un grupo de rapaces/zas do club de remo de Rianxo estiveron con nós o luns pasado falándonos do seu deporte e animándonos a probar a remar este verán. Unha boa opción para gozar do mar e das vacacións, e quen sabe, igual hai hai quen lle colle gusto e continúe, come lles pasou aos rapaces que nos falaron.  Grazas ao Club de remo de Rianxo!




sábado, 17 de xuño de 2023

Gravación para Sintaxe

Este venres quedamos comer no cole para rematar pola tarde a gravación dos audios dos vídeos das clases gramaticais do método Sintaxe. Gravamos, xogamos, bailamos... Estivemos xunt@s e pasámolo ben 😉




Rematamos...

content@s!

Arte da época contemporánea

A nosa máquina do tempo parou nos séculos XVIII, XIX e XX e propúxonos investigar sobre movementos pictóricos e os pintores ou pintoras máis destacados e interesantes. Cada quen escolleu o pintor/a que máis lle interesou, investigou, elaborou unha presentación, e así agora estamos aprendendo tod@s sobre a vida e a obra de 14 artístas da Idade Contemporánea. Aquí van imaxes das exposicións dos traballos. 

Dalí



Laxeiro


Maruxa Mallo


Dora Maar

Frida Kahlo

Kandinsky

Goya


Xulia Minguillán

Van Gogh

Paul Gaugin

Joan Miró